O Ribeiro no día da Non violencia de Xénero

RIBEIRO, CASTAÑAS E SOLIDARIDADE POLO DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Xulia Bande, Iria Otero, Eva Bermúdez e Duvi González serán as adegueiras que presentarán os seus viños e proxectos, acompañadas dun singular magosto

O C.R.D.O. Ribeiro celebrará un evento moi especial e solidario con motivo do Día Internacional da Non Violencia de Xénero (25 de novembro), en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a IXP Castaña de Galicia. Terá lugar o venres 22 de novembro na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, a partires das 20.30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O evento, denominado Visibilidade, conxugará o viño do Ribeiro con música e os proxectos de catro adegueiras. Por elo, as adegueiras Xulia Bande (Son de Arrieiro), Iria Otero (Vinos con Memoria), Eva Bermúdez (Adegas do Rexurdir) e Duvi González (Adega Dona Elisa) comentarán os seus proxectos e vivencias persoais en canto ás adegas, e farán unha cata comentada con degustación dos seus viños. Ademais todo isto harmonizarase cun magosto moi especial coa colaboración da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, así coma a música blues de BluBeats Dúo.

Evento solidario a favor da Asociación Mirabal A entrada será de balde ata completar aforo, pero os asistentes terán a oportunidade de deixar un donativo que se destinará integramente a Asociación Mirabal, que desenvolve actuacións contra a violencia de xénero e a favor das vítimas e os seus familiares. As actividades que comprende o seu programa pasan polo acompañamento das vítimas, a realización de accións de concienciación social e a procura da erradicación desta lacra a través de actuacións de prevención