Saída didáctica alumnado IES Nº 1

O pasado venres 15 de novembro os alumnos/as de 2º de ESO do noso Centro realizaron unha saída didáctica, organizada polo Dpto. de Xeografía e Historia, á cidade de Ourense para coñecer o Centro de Interpretación e os vestixios romanos de As Burgas, acompañados polo arqueólogo do Concello de Ourense Roberto Yebra Crespo, quen se encargou das explicacións durante o percorrido, e o conxunto arqueolóxico de San Tomé, en Tibiás, onde visitaron os tres asentamentos que o conforman: o castro, o xacemento romano altoimperial e a villa tardorromana. Ademáis do indiscutible valor histórico-arqueolóxico, posto que son dous dos xacementos romanos máis importantes da nosa provincia, tanto as Burgas como o conxunto de San Tomé constitúen un dos atractivos turíst icos máis salientables da cidade de Ourense, de ahi o interese do profesorado do Departamento de Historia en que o noso alumnado os coñecera.