Pepín Prada ven a presentar novo libro

Presentación do libro “As Comedias de Tiruleque”, de Xosé Prada.

Este xoves, 21 de novembro, preséntase no Carballiño o libro AS COMEDIAS DE TIRULEQUE, que contén catro obriñas que no seu momento escribiu Xosé Prada para Tiruleque: Silicon Valley, Club PK2 (Comedia de Crimes e Sexo), Paga e Cala (Pay and shut up) e O5 CO2NO5 SON COU54 D€ 3.

AVANTAR ACTIVIDADES

Será ás 20:30 horas no Aparthotel Arenteiro, coa lectura dramatizada dun fragmento dunha desas comedias, a cargo de Tiruleque, Grupo de Teatro. A edición está patrocinada pola Deputación de Ourense, e amais dos textos teatrais, cada unha das comedias está precedida dunha pequena historia, curiosidades e anécdotas que se foron tecendo ó redor de cada unha delas