Visita a casa niño do Irixo

A directora xeral de Familia Infancia e Dinamización da Xunta de Galicia, Amparo González Méndez, insistiu en O Irixo na importancia que teñen as Casas Niño para o fomento da conciliación nos concellos rurais. Asi o apuntou durante unha visita á casa ” Os Raparigos “, un novo servizo gratuíto para as familias do noso municipio que na actualidade atende a 5 nenos e nenas en horario de 8:00 a 16:00 horas