Centros educativos contra a violencia de xénero

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os centros educativos e asociacións do Carballiño participaron este mediodía nun acto contra a violencia de xénero, que tivo lugar no salón de plenos do concello coa asistencia do alcalde, integrantes da corporación, a deputada no Congreso Marina Ortega, Garda Civil, Policía Local e numeroso público.

Clara Vázquez, profesora da aula de teatro do IES Chamoso Lamas, realizou a presentación do acto, que consistiu na narración dunha historia sobre as relacións dunha parella, Uxía e Brais,  entrelazando con intervencións dos centros educativos e asociacións.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Abriu o acto o alcalde, cunha reflexión sobre o perigo das redes sociais no uso da linguaxe e comportamentos machistas, e a continuación interveu a concelleira de Servizos Públicos, Igualdade, Sanidade e Educación, Guadalupe Sobrado, que diu lectura a un manifesto no que puxo de manifesto a necesidade de seguir loitando para a erradicación da violencia contra as mulleres.

No acto participou o alumnado e profesorado de Bo Día Familia, Vila do Arenteiro, Sagrado Corazón, Asdifica, IES nº 1, Cruz Vermella, Colexio Calvo Sotelo, Aspadisi e IES Chamoso Lamas. Tamén se proxectou un video realizado por alumnos e alumnas do IES nº 1 contra a violencia machista. Celia Salcedo e Noemí Duro puxeron as notas musicais do acto.