Punxín non fai actividades no día contra violencia de xénero

As concelleiras socialistas lamentan a falla de sensibilidade e o afastamento da realidade do Grupo de Goberno.
Dende o Grupo Municipal Socialista lamentan que o concello de Punxín sexa o único da comarca que non realiza nin un so acto para conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, “nun momento no que é tan importante visibilizar esta problemática”, afirma a voceira socialista, Lorena Peleteiro.
As Concelleiras socialistas, Lorena Peleteiro e Lourdes González, veñen de presentar unha moción na que solicitan “manter dende o Concello de Punxín un firme compromiso coa igualdade de xénero, así como manifestar a repulsa da corporación contra todas as formas de violencia cara as mulleres, o compromiso coas vítimas e declarar o noso municipio “Tolerancia cero cos maltratadores”.
Para a voceira socialista, Lorena Peleteiro, “estamos nun momento no que se fai máis importante ca nunca, si cabe, visibilizar esta problemática, que algúns tentan negar. No que vai de ano 51 mulleres perderon a vida en mas das súas parellas ou ex parellas, e dende que existen rexistros, no ano 2003, foron 1027 as mulleres que perderon a súa vida a causa da violencia de xénero.”
As Concelleiras socialistas teñen claro o seu compromiso coa igualdade e de repulsa contra toda violencia de xénero, e consideran preciso que todas e cada unha das administracións tomen conciencia e traballemos unidos contra esta lacra.