- A actuación consiste na renovación de 230 metros lineais de rede substituíndo as anteriores tuberías de fibrocemento, e na renovación de todas as acometidas de auga domésticas existentes neste tramo.
- A obra lévase a cabo con cargo á partida de 12.000€ que, para esta finalidade concreta de renovación da rede de abastecemento do Castro, contempla o orzamento municipal de 2019 aprobado no mes de xullo.
O concello de Ribadavia ven de iniciar a obra de renovación da rede de abastecemento de auga na zona do Castro en Sampaio. Esta obra lévase a cabo con cargo á partida orzamentaria de 12.000€ que, para esta finalidade concreta, contemplaba o orzamento de 2019 aprobado no Pleno do mes de xullo.
A obra que se está levando a cabo consiste na renovación de 230 metros lineais de rede substituíndo a tubería de fibrocemento por unha tubería nova. Asemade, na obra procederase á renovación de todas as acometidas domésticas existentes no tramo da rede de abastecemento no que se está a actuar.
O alcalde de Ribadavia sinalou que “con esta actuación estamos a renovar unha rede de abastecemento de auga que se atopaba nun profundo estado de deterioro, provocando roturas constantes e os conseguintes cortes de suministro para levar a cabo as reparacións.”
César Fernández afirmou que “dende o ano 2018, eran varios os acordos plenarios que instaban ao goberno a renovar este tramo da rede de abastecemento de auga; o noso programa electoral contemplaba tamén esta actuación, e hoxe por fin, unha vez que introducimos no orzamento de 2019 a partida necesaria para a actuación, as obras de renovación da rede de abastecemento do Castro en Sampaio son unha realidade. En definitiva, estamos a cumplir un compromiso adquirido cos veciños e veciñas deste entorno para mellorar sensibelemente a súa calidade de vida.”