Curso de natación para maiores de 65 anos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A área municipal de Servizos Sociais  convoca o curso de natación dirixido ás persoas maiores de 65 anos empadronadas no concello do Carballiño, de cara ao próximo ano 2020.

As clases serán dous días á semana dunha hora de duración cada unha, que terán lugar no Ximnasio Olimpia os meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, outubro, novembro e decembro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O número de prazas é de 20, e o prezo do curso é de 15 euros mensuais.

As inscricións poden realizarse no departamento de Servizos Sociais a partir do 10 de decembro ata cubrir as prazas dispoñibles, e a documentación que se precisa é presentar o DNI, informe médico e número de conta.