Obra no contorno da “Arquetiña” na Franqueirán

  • O orzamento total da actuación ascende a 48.000€ e farase con cargo ao Plan Provincial de Obras da Deputación de Ourense. 
  • A actuación contempla a renovación do pavimento, a construción dun muro de contención e a recollida de augas pluviais neste entorno.

Ribadavia, 9 de decembro de 2019.- O Concello de Ribadavia acometerá a obra de acondicionamento do entorno da Arquetiña na Franqueirán. Esta actuación contará con un orzamento global de 48.000€ que se financiarán con cargo ao Plan Provincial de Obras 2019 da Deputación de Ourense. O obxecto desta actuación é o de mellorar o vial existente no entorno da Arquetiña, incluíndo medios de proteción, instalacións de drenaxe e a reconstrución de muros de contención derrubados.

Esta actuación no entorno da “Arquetiña” contempla unha renovación do pavimento deste entorno que se atopa en moi mal estado, ademais da reconstrución dunha parte do muro de contención que sostén o vial que vai de Ribadavia a Santo Estevo de Novoa. Por outra banda, tamén se levará a cabo unha consolidación do muro situado na marxe dereita da entrada suroeste. Ademais, a obra contempla a recollida das augas pluviais a través dunha tubaxe de PVC e a colocación de sumideiros para esta recollida de augas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “con esta actuación estamos a dar cumprimento a un acordo plenario adopatado por unanimidade no pleno municipal do mes de outubro de 2018. Daquela, estando na oposición, presentáramos unha moción solicitando esta obra. Unha moción que no seu día fora aprobada por unanimidade e que agora, será xa unha realidade grazas ao plan de obras da Deputación de Ourense. Deste xeito, estamos a cumprir con unha demanda reiterada dos veciños da contorna da Arquetiña, unha zona na que ademais de vivendas hai tamén actividade industria,l o que significa que en ocasións precisan acceder vehículos dunha certa entidade, polo que cómpre ter o entorno nas mellores condicións posibles.”