Presentación do Concerto de Nadal

Pilar Caballero presidenta da Coral do Casino e o concelleiro de Cultura presentarón o Concerto de Nadal que ofreceran a Coral e a Banda de Vilatuxe o proximo sábado as 20 h no Auditorio Manuel Maria do Carballiño

O evento, que será completamente gratuito, terá lugar ás 20,00 h., e foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e a vicepresidenta da Coral Polifónica Casino do Carballiño, Pilar Caballero.

FESTAS EN RIBADAVIA

Trátase dunha colaboración máis entre esta magnífica banda de música e a entidade coralística carballiñesa, que a semana pasada tamén protagonizaron a gravación do que será o novo CD da Coral do Casino.

Pilar Caballero dixo que este concerto, xunto cos que dará a Coral o día 15 de decembro en Beariz, o 25 en Vilatuxe e o Concerto de Reis no templo da Veracruz, así como a edición deste CD en xaneiro, supón a culminación dun ano moi especial e cheo de actuacións, no que a Coral do Casino conmemorou o 40 aniversario da súa creación.

O repertorio do Concerto de Nadal deste sábado, que fai o número 27 da coral, será variado, cunha parte conxunta da Coral e a Banda de Vilatuxe, e outra parte con interpretacións da propia banda, según dixo a vicepresidenta da coral, que animou aos carballiñeses a acudir a este evento, que é gratuito, e que vai a ser un gran espectáculo cultural de boa música e canto. Diego Fernández   tamén animou a asistir ao concerto, e felicitou á coral polo gran traballo que realiza tanto no Carballiño como por Galicia, España e Portugal, levando o nome da vila a todos os lugares. Destacou especialmente o seu 40 aniversario e o esforzo que levan realizado para innovar e ofrecer cada vez espectáculos máis creativos e de maior calidade. E por eso pide o apoio da veciñanza asintindo este sábado a este concerto extraordinario no auditorio municipal.