Reunión da Mesa de coordinación para a mellora da atención das víctimas de Xénero

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Presidida pola concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación, Guadalupe Sobrado, reuinuse este mediodía no salón de plenos do concello a Mesa de Coordinación para a Mellora da Atención ás Vítimas de Violencia de Xénero.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Á reunión tamén asistiron representantes do Centro de Información da Muller, da Garda Civil, Policía Local, Cruz Vermella e do Centro de Saúde, entre outras entidades que forman parte desta mesa e cuxo obxetivo é valorar a situación para mellorar a atención ás vítimas por violencia de xénero.

Esta actividade enmárcase no programa deseñado pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade, así como o CIM, con motivo do Día Internacional contra a Vilencia de Xénero, e que culminará o xoves da próxima semana, 19 de decembro, cun encontro-debate que se celebrará noInstituto Chamoso Lamas.