Espazo Común presenta moción sobre rúas do Carballiño

O Grupo municipal de Espazo Común ven de presentar unha moción no Concello para “PARA QUE SE INFORME Á CIDADANÍA DAS CAUSAS DO RETRASO NA OBRA DAS RÚAS QUE UNEN A AVENIDA JULIO RODRÍGUEZ SOTO COA DO BALNEARIO

Despois de pasar xa meses do prazo de execución que tiña a empresa adxudicataria os veciños achegannos a súa preocupación pola falla de movemento.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os problemas coas empresas que reciben contratos do Concello do Carballiño comezan a ser xa unha tónica demasiado frecuente.

MOCIÓN PARA QUE SE REMATE A OBRA DAS RÚAS CUBA, URUGUAY, BRASIL, VENEZUELA E REPÚBLICA ARXENTINA :

Aínda está fresco na memoria da veciñanza do Carballiño o escandaloso desastre do proceso de reforma do Parque Infantil da Alameda. Unha obra comezada cun evidente interese electoralista nunhas datas que provocaron que durante moitos meses, incluindo os de verán, o principal espazo de lecer dos cativos da nosa vila estivese inutilizable.

As escusas e a sensación de desorganización e descontrol que transmitiu o goberno na xestión desta desfeita foi constante, prometendo numerosas datas para a súa finalización que se foron incumprindo paulatinamente para desesperación das familias usuarias e dos comerciantes da zona.

Tristemente este non foi un feito illado na realidade diaria do Concello do Carballiño e, de novo, unha obra emprendida ás présas no período preelectoral, está a causar indignación, estupor e moitas molestias á veciñanza.

Trátase niste caso do arranxo das rúas que unen a Avenida Julio Rodríguez Soto coa Avenida do Balneario.

A obra que foi adxudicada a unha empresa o día 17 de xaneiro de 2019 por un importe de 270.057, 95 € e que contaba cun prazo de execución de 6 meses, está a día de hoxe, nove meses despois, moi lonxe de verse rematada.

Os veciños das rúas Venezuela, Cuba, Brasil, Uruguay e República Arxentina levan padecido todo tipo de incomodidades durante este tempo pero agora xa están chegando á desesperación.

Problemas de acceso aos garaxes, accidentes, unha xestión ridícula da recollida de pluviais con tubos desaugando direitamente á calzada ao través duns estéticamente abominables ocos  deixados nos bordillos das beirarrúas, sinais colocados de xeito estrafalario, recortes psicodélicos para salvar tapas de rexistros…

Dende o Grupo Municipal de Espazo Común, xa demandamos que se nos facilitara copia do proxecto alá polo 5 de xullo e reiterada o 3 de novembro, e como de costume, recibimos un caciquil e sospeitoso silencio por resposta.

A preocupación vai en aumento ao saber que a empresa adxudicataria xa cobrou, como  mínimo uns 33.000 € da obra e, sen embargo, segundo denuncian os veciños das rúas afectadas, xa hai tempo que non se ven traballadores da mesma pola zona.

Á fin, un despropósito que semella estar deseñado para competir coa chapuza da Alameda e do que alguén se terá que facer responsable e dar algunha explicación.

 Visto todo o anteriormente comentado,

                                                              SOLICITAMOS

  1. Que se entregue unha copia do proxecto que foi adxudicado no seu día aos grupos da oposición cos conseguintes informes técnicos.
  2. Que se aclaren as cantidades pagadas xa á empresa adxudicataria.
  3. Que se tomen medidas urxentes e se esta non se compromete a rematar a obra no prazo dun mes, se lle apliquen as sancións pertinentes e se adxudique o que falta por rematar a outra empresa.