Fin de semana con intensa actividade cultural

COMEZA ESTA FIN DE SEMANA UNHA INTENSA ACTIVIDADE CULTURAL E DE OCIO QUE SE POLONGARÁ ATA O 6 DE XANEIRO

Esta fin de semana intensifícanse as actividades culturais e de ocio de Nadal, e que se prolongarán ata a víspera de Reis.

AVANTAR ACTIVIDADES

Monólogos, obradoiros, contacontos, teatro, cine, concertos, sorteos, premios e actividades de animación de rúa organizadas polo concello e polo Centro comercial Aberto, así como por entidades culturais, ocuparán a axenda de actos no Carballiño.

Este sábado comeza o ciclo de monólogos Carballiño Comedy 5, con Jaime Caravaca&Grison Beatbox, de La Resistencia, ás 21,00 h. no auditorio municipal Manuel María. Estarán xuntos por primera vez en Galicia neste evento do Carballiño.

Ás 20,30 h., o Centro de Estudios Chamoso Lamas entrega o galardón torques de Honra ao arquivo Diocesano e Catedralicia de Ourense, e recollerá o premio o arquiveiro Miguel Angel González. Será no restaurante A Fuchela.

Ás 12,00 h., actuación do grupo Anda Soa na Praza de Abastos.

De 11,30 a 14,00 h e de 16,00 a 21,00 h, Animación de rúa: Mickey y Minnie comprando no Carballiño.

Pola mañá e pola tarde, animación de baile nas rúas pola Escola de Danza. De 12,00 a 14,00 h h e de 16,00 a 20,00 h, Sube ao Tren do CCA. Este tren turístico tamén realizará percorridos polo Carballiño o domingo 22 cos mesmos horarios