” Teatro del Norte” no Auditorio Manuel María

A COMPAÑÍA TEATRO DEL NORTE TRAE ESTE SÁBADO, 28 DE DECEMBRO, AO AUDITORIO MUNICIPAL A OBRA DE VALLE INCLÁN “RETABLO DE LA AVARICIA, LA LUJURIA Y LA MUERTE”

A compañía teatral do Principado de Asturias Teatro del Norte, trae este sábado, 28 de decembro, ao auditorio municipal Manuel María, a obra de Valle Inclán “RETABLO DE LA  AVARICIA, LA LUJURIA Y LA MUERTE”. Será ás 20,30 h.

AVANTAR ACTIVIDADES

 No Retablo da avaricia, da luxuria e da morte os homes van e veñen, motas de po revoltas polas correntes fondas e indomables do instinto radical: fame, sexo, riqueza, dominio, superstición e agorería. En oposición, a presenza e imperio constantes da muller, creadora-estructora, forza irresistible, cega natureza, fonte mesturada de ben e de mal. Ulises e a Traviata, reflectidos nos espellos cóncavos do Canellón do Gato, dan lugar a un afiador e unha encamada, dan lugar ao esperpento.

Autor: Valle-Inclán

Dramaturxia e Dirección: Etelvino Vázquez

Intérpretes: Cristina Lorenzo, Cristina Alonso, David González e Etelvino Vázquez

Cantante: María Alonso

Espazo escénico e atrezo: Carlos Lorenzo

Vestiario: Manuela Caso

Música orixinal: Alberto Rionda

Iluminación: Rubén Álvarez

Fotos: Rafa Perez

Deseño de cartel e programa: Jorge García Rodríguez-Galván

Maquillaxe e barbería: Gloria Romero

Gravación en vídeo: A Pegada

Produción: Teatro do Norte Proxecto realizado no marco do Centro de Recursos Escénicos do Principado de Asturias

VER DIPTICO