Centro Galego de Nuremberg

Centro fundado o 11 de xaneiro de 1992, con recoñecemento de galeguidade desde 1995. Na actualidade conta con 432 membros, dos cales 415 son galegos.

A asociación naceu para difundir a cultura, o folclore e a lingua galega, tanto para galegos como para españois e simpatizantes de ambas culturas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Centro conta con:

  • Unha oficina de turismo móbil, que xa deu moi bos resultados para favorecer o turismo rural en Galicia.
  • Unha biblioteca equipada con libros en galego e castellano, así como vídeos nos dous idiomas.
  • Salón de actos no que se celebran as asambleas generales e conferencias.
  • Aulas de ensaio para os grupos do Centro.
  • Discoteca para a xuventude.
  • Bar-restaurante, no que pode degustarse a cociña galega.

O local está aberto ao público todos os venres pola tarde, sábado, domingo e festivos dende as 9 da mañá ata a tarde.

VIDEOS: