Irmandade Galega na Suiza

Esta entidade foi fundada o 10 de outubro de 1973 por un grupo de galegos emigrados en Xenebra, que decidiu formar unha asociación cultural, social, recreativa e deportiva.

A galeguidade foi recoñecida o 28 de xullo de 1988 e na actualidade conta con 316 membros, dos cales 302 son galegos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Abriu as súas portas no número 17 da rúa Grenade, cambiando posteriormente a outro local de case 200 metros cadrados situado na Route de Saint Julien, en Carouge, que tiña un bar, auditorio e biblioteca con máis de mil volumes. Actualmente, a entidade ten un lugar onde alugar na rúa de Chantepoulet, cun auditorio, cociña, oficina e biblioteca. O lugar está situado no soto dun edificio.

Desde a aprobación da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, este centro está considerado como un axente para a cooperación ao desenvolvemento e, como tal, pode acceder a axudas públicas ou subvencións da Administración da comunidade autónoma de Galicia para este tipo de proxectos.

EVENTOS