UN GRAN ESPECTÁCULO DE LUZ, SON E FOGOS DE ARTIFICIO RECIBIRÁ AOS REIS MAGOS ESTE DOMINGO, 5 DE XANEIRO, ÁS 18,30 H NO TEMPLO DA VERACRUZ, DE ONDE PARTIRÁ A CABALGATA
A recepción aos Reis Magos, previa ao comezo da cabalgata, terá lugar este domingo, 5 de xaneiro, ás 18,30 h., ao remate da misa da tarde no Templo da Veracruz. O espectáculo de luz, son e fogos de artificio poderá seguirse desde a rúa Evaristo Vaamonde, que quedará pechada ao tráfico a partir das 16,00 h., co obxectivo de realizar os preparativos para o desenvolvemento da recepción.
Ainda que se se anunciou no programa do Nadal o comezo deste espectáculo para as 18,00 h, retrásase media hora tanto para non interrumpir a celebración da misa dominical da tarde, que finaliza ás 18,25 h., como para dar maior realce ao montaxe de luz, son e fogos.
Trátase dun evento que terá algunhas innovacións con respecto ao celebrado o pasado ano e que tivo tanto éxito entre o numeroso público asistente. Así, nesta edición, ademáis de luz, son e fogos de artificio, haberá diversas propostas de gran espectacularidade visual na torre do templo.
Igual que o pasado ano, todos os elementos que se utilizan neste espectáculo son absolutamente inocuos para o templo.
Ao remate do espectáculo de recepción comezará a cabalgata con tres carrozas, unha para cada rei, que discurrirá polas rúas Conde Vallellano, Paseo, Ribeiro e Cesáreo Tizón, ata o concello, fronte á Praza Maior.
Os reis, así como o alcalde, saudarán desde o balcón do concello e, como é tradicional, a continuación, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán e saudarán personalmente aos nenos e nenas no salón de plenos do concello.