VI festival Cantos taberna

ONCE GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL E POPULAR ANIMARÁN ESTE SÁBADO, 11 DE XANEIRO, OS LOCAIS HOSTALEIROS E A RÚAS DA VILA NO VI FESTIVAL DE CANTOS DE TABERNA “NO BICO UN CANTAR”

O certame de Cantos de Taberna “No bico un cantar”, que este ano chega á súa sexta edición, será o de maior participación tanto de grupos de música popular como de locais hostaleiros nos que se desenvolverá esta actividade.

AVANTAR ACTIVIDADES

O evento, que reunirá a once grupos, e no que participan once locais hostaleiros, foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e a integrante da asociación cultural Terras do Arenteiro, Asun Adá, que organiza o festival en colaboración co concello do Carballiño.

A partir das 8 da tarde deste sábado, 11 de xaneiro, e ata pasada a medianoite,

os grupos “Música Tradicional Rubulir”, de Ramirás; “Lembranza Solpor”, de Celanova; “Os da Cuña”, de Ourense; “As Faíscas”, de Boborás; “Feitizo de Pau”, de Cea; “Banda de Gaitas do Irixo”, “Cotovías”, de Maside; “Tokaide”, de Partovia; “Serandeiros”, do Carballiño; “O Canto do Viri”, do Carballiño, e “Terras do Arenteiro”, tamén do Carballiño, actuarán nos locais Brioche, Caserío, Don Paco, Ernesto, Estate Quieto, A Fuchela, Ningures, Plaza, Riquirmo e Soldado, ademais de O Fiadeiro, onde será o fin de festa.

En cada local actuarán tres grupos, alternándose nos diferentes locais, ás 8, 9, 10 e 11 da noite. O festival ábrese ás 8 no Ernesto, e o fin de festa será a partir das 12 da noite no Fideiro.

Diego Fernández dixo que esta edición supoñía un récord de participación de grupos e locais, e que o obxectivo era recuperar a música popular e tradicional de Galicia. Agradeceu a colaboración dos once locais adheridos a esta iniciativa e a da asociación cultural Terras do Arenteiro, organizadora do evento. Finamente, animou á participación veciñal así como da xente da comarca e a todas as persoas interesadas na recuperación da música e as cancións populares de Galicia. Asun Adá agradeceu ao concello a confianza depositada na asociación cultural Terras do Arenteiro para organizar o festival, e asegurou que se trata dunha das mellares iniciativas para resaltar a cultura tradicional deste O Carballiño. Tamén dixo que ainda que había máis grupos propostos, fíxose unha selección para que a xente poida acudir a todos os lugares. Neste senso detacou a participación de grupos do Carballiño, así como da comarca, das Terras de Celanova e da capital ourensá. Tamén resaltou que no fin de festa actuarán todos os grupos participantes ademáis de Terras do Arenteiro. E finalmente, agradeceu a todos os grupos a súa participación.