O PP denuncia deixadez do Goberno socialista

O GRUPO POPULAR DENUNCIA DEIXADEZ DO GOBERNO SOCIALISTA AO NON TER PRESENTADO EN TEMPO E FORMA SOLICITUDE PARA UN NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO.

TIVO QUE CHEGAR UN GOBERNO CON MAIORIA SOCIALISTA PARA QUE O CARBALLIÑO QUEDASE SEN OBRADOIRO DE EMPREGO.

AVANTAR ACTIVIDADES

SOLICÍTASE DENDE O GRUPO POPULAR, DEPURACIÓN DE RESPONSABILIDADES DO ORGANO DE GOBERNO.

Da igual como se lle lle pregunte, da igual cando se lle pregunte, e da igual onde se lle pregunte, pois o Goberno municipal co seu alcalde ao frente, minte coma sempre.

Foi no derradeiro pleno, cando o Alcalde do Carballiño afirmóu que non existía ningún problema co Obradoiro de emprego para este ano, a preguntas do Grupo Popular e resto de Oposición.

A día de hoxe segue sen decirse a verdade, que non é outra que a seguinte:

Por parte do Concello do Carballiño PRESENTOUSE SO A SOLICITUDE para o Obradoiro de Emprego e cando dende a Xefatura da Xunta LLE REQUERIRON A DOCUMENTACIÓN NECESARIA para completar expediente a tramitar NON SE CONTESTÓU DENDE O CONCELLO, polo que houbo que dalos por desistidos na súa tramitación.

O feito pódese considerar de grave, pois estamos a falar que a deixadez do Concelleiro responsable desta materia, Manolo Dacal, así como do propio Alcalde, non afecta só as posibilidades que da un obradoiro de emprego para moitas persoas no Carballiño, senón que tamén afecta a outros Concellos como Maside, San Amaro e Boborás que participaban desta iniciativa conxuntamente.

E a primiera vez, logo de moitos anos, que o Carballiño non conta cun obradoiro de emprego, e tivo que ser cun goberno en maioría socialista para que esto acontecera, cando ademáis no concello existe persoal suficiente para desenvolver con soltura unha solicitude de obradoiro, e cando ademáis o Concelleiro cobra tamén por estas xestións.

Esperamos que unha vez que o Grupo Popular pon de manifesto a realidade do ocurrido, o Alcalde do Carballiño, sepa contestar coa verdade e depure responsabilidades dentro do propio concello, así como responsabilidades políticas.