Entrevista a Roberto Pascual

O Director da Mostra de Teatro de Ribadavia Roberto Pascual pasoú polos estudios de Badal Novas:

Facemos un pequeno resumen do seu curriculum recordando que foí galardonado no seu pobo do Carballiño co Premio Arenteira no apartado de Cultura e Ciencia

AVANTAR ACTIVIDADES

Licenciado en Filoloxía Galega e posgraduado en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomado de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, cun traballo de investigación sobre o teatro galego. Xa no mundo do teatro, como actor participou na Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, onde traballou en cinco espectáculos dirixidos por Roberto Salgueiro.

Crítico e investigador teatral. Ten publicados diversos traballos nas revistas Tempos Novos, Grial, Revista Galega de Teatro, Primer Acto, Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, Artez, Escaramuza, etc. Ten participado en varios monográficos e coordinado o libro Palabra e acción. A obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego. Tris-Tram, 2006. Asemade, dentro deste mundo da divulgación, colaborou nos suplementos “Universitas” do xornal La Región, opinión de vieiros.com e “Protexta”. É membro dos consellos de redacción das revistas Madrygal e Revista Galega de Teatro.

Na actualidade é profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Foi profesor na Universidade Complutense de Madrid entre os anos 2005 e 2007. Tamén impartiu docencia no Espazo das Linguas Ibéricas e Prehispánicas do Instituto Cervantes de Madrid. Coordinador do Plan de Formación dos Profesionais das Artes Escénicas da AGADIC e do Campus de Verán das Artes Escénicas da ESAD de Galicia. É habitualmente convidado a impartir conferencias en varios países sobre diversas cuestións relacionadas coas artes escénicas.