“Mestres da Costura 3” empeza a súa tempada en Ourense

Visita Manuel Baltar (Presidente da Deputación) a rodaxe do primeiro capítulo da nova temporada do concurso televisita “Maestros de la Costura” acompañado polos membros do xurado Lorenzo Caprile, María Escoté e Palomo Spain, pola presentadora Raquel Sánchez-Silva e pola productora do programa Macarena Rey.

Manuel Baltar recibiu ao equipo de “Mestres da Costura” no centro cultural “Marcos Valcárcel”, onde gravaron algunhas das imaxes que os espectadores poderán descubrir o vindeiro luns

AVANTAR ACTIVIDADES

O vindeiro luns, a partir das 22.30 horas, os espectadores teñen de novo unha cita co taller de “Mestres da Costura”, que comezaron a súa terceira edición en Ourense, concretamente, o programa trasladou aos 12 aprendices participantes ao taller duns dos maiores xenios da moda española, Adolfo Domínguez, quen abriu a súa primeira tenda en Ourense en 1973 e hoxe desfila nas mellores pasarelas internacionais.

Nestas instalacións, os participantes enfróntanse ao reto de reproducir un pantalón e unha blusa da nova colección desta firma, sen esquecer a esencia elegante, funcional e chea de liberdade que lles caracteriza. A conselleira delegada da firma, Adriana Domínguez, e a Directora Creativa da firma, Tiziana Domínguez, revelarán as claves do éxito e controlarán que a pulcritude e a orde sigan reinando no seu taller.

Esta viaxe de “Mestres da Costura” a Ourense supón render unha merecida homenaxe á maior industria téxtil do noso país, a moda galega, conformada por máis de 500 marcas. Na súa visita á nosa provincia, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi o encargado de recibir ao equipo do programa no centro cultural “Marcos Valcárcel”, onde se gravaron algunhas das imaxes que os espectadores poderán descubrir o vindeiro luns.