Poda no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

PODADAS MÁIS DE 200 ÁRBORES DAS CASE 600 QUE HAI NAS AVENIDAS, RÚAS E PRAZAS DO CASCO URBANO DO CARBALLIÑO

Dende hai varias semanas a área de Medio Ambiente do concello do Carballiño comezou a tempada de poda, procedendo á poda das case 600 árbores e arbustos que hai nas rúas, avenidas e prazas do casco urbano carballiñés.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Arestora, tanto por parte da brigada municipal de Medio Ambiente como  dunha empresa especializada e contratada para realizar as podas máis voluminosas e que requiren maquinaria máis específica, lévase podado máis dun tercio das árbores existentes.

A Avenida do Balneario, a Avenida do Parque, a rúa Ourense, a Avenida 25 de Xullo, a Avenida de Compostela e a Avenida Xullo R. Soto, son algunhas das rúas que contan cun maior número de árbores e arbustos, destacando especies como acer platanoides, magnolios, ligustrum, tilos, camelias, cercis, juniperus, saphoras japónicas, arces, acebos, acacias, olmos e loureiros, entre outras, ata preto de vinte especies diferentes. Ata agora lévanse realizado actuacións de poda nunhas 40 rúas, avenidas,  plazas e outros espazos, que se incrementarán nos próximos días con podas en máis lugares