Pp Espazo Común e Bng critican o Goberno Municipal

OS DATOS DESCUBERTOS AO CONSULTAR O EXPEDIENTE DE SOLICITUDE DO OBRADOIRO DEIXAN ABSOLUTAMENTE CLARO QUE O GOBERNO DO CARBALLIÑO MENTIU DESCARADAMENTE Á VECIÑANZA.

No tocante ao Obradoiro de Emprego, o Concello do Carballiño atópase, neste intre, nunha situación totalmente inédita en moitos anos, xa que entre o mar de confusión que rodea a todo o seu trámite, o que xa temos todos totalmente claro é que a convocatoria correspondente ao curso 2019/2020 perdeuse para o grupo de concellos do que formamos parte e que o viñan solicitando de xeito conxunto nas últimas edicións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así Boborás, O Carballiño, Maside e San Amaro non contarán este ano cunha importante ferramenta de formación para desempregados e que leva axudado a moitas persoas durante as sucesivas edicións a optimizar as súas opcións de atopar acomodo no mercado laboral.

Se consideramos que a convocatoria por parte da Xunta de Galicia se fixo exactamente igual que se viña facendo, estábamos seguros de que algo moi estrano tivo que acontecer para que a solicitude e a xestión da que era responsable o Concello do Carballiño como promotor do proxecto non prosperará.

Feitas as preguntas pertinentes en pleno, o alcalde deu unha resposta. Unha vez denunciada a situación na prensa, as explicacións foron diferentes e aínda máis erráticas e confusas.

Ante tal dislate e  o sospeitoso das respostas ofrecidas, os tres partidos representados na oposición municipal, solicitamos por escrito poder acceder á consulta do expediente onde se recolle toda a documentación relacionada para aclarar dunha vez o acontecido.

Despois de varios días de insistencia para poder coñecer toda a información relativa á xestión deste expediente, conquerimos por fín que se cumplira coa legalidade e se nos permitira vélo.

Unha vez analizada a documentación, as dúbidas sobre a actuación do Concello do Carballiño e dos seus responsables aumentan de xeito exponencial.

Queda absolutamente claro que as explicacións dadas polo concelleiro responsable do departamento, señor Dacal, non se axustan en absoluto á realidade e as ofrecidas polo alcalde, señor Fumega, culpando ao Concello de Boborás por non reunir toda a documentación, son directamente mentira.

Por todo o comentado, hoxe mesmo imos rexistrar unha batería de preguntas para aclarar algunhas cuestións sobre a responsabilidade do desastre que se reflicte no proceso de solicitude, deixando pasar prazos e, incluso, desoíndo requerimentos da Xunta para tentar enmendar a desfeita e que O Carballiño non perdera o Obradoiro de Emprego.

O que está claro é que ante a gravidade do problema e o perxuizo xerado para os catro concellos afectados, faise imprescindible que alguén asuma a responsabilidade de semellante desastre.