A Policía Autonómica esclarece un incendio en Castrelo de Miño

Os axentes tomaron declaración como investigado a un varón como presunto autor dun lume forestal nunha finca no lugar de Noallo de Abaixo

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio producido no concello ourensán de Castrelo de Miño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os axentes procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun lume forestal que ocorreu o pasado 22 de xaneiro no lugar de Noallo de Abaixo, na parroquia de Barral.

O incendio orixinouse, supostamente, polo escape dunha queima de restos agrícolas e poda de vides, o que provocou a propagación do lume a unha finca próxima. Arderon 0,15 hectáreas de monte raso e arborado. Por estes feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia.