Cea nomeará filla predilecta á cardióloga Marisa Crespo

Dirixe a Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Transplante Cardíaco do Hospital da Coruña

O Concello de San Cristovo de Cea nomeará filla predilecta á doutora Marisa Crespo Leiro. O alcalde, José Luis Valladares, xa asinou o decreto de inicio do expediente, no que alude aos valores persoais, os méritos profesionais e o recoñecemento xeral do que goza Crespo, que está ligada ao concello pola súa vivenda familiar no lugar de Santrós.

Crespo dirixe a Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Transplante Cardíaco do Hospital da Coruña. Tamén coordinou o rexistro europeo de pacientes con insuficiencia cardíaca. O ano pasado foi designada como unha das mulleres líderes no mundo en transplante cardíaco.

AVANTAR ACTIVIDADES