Aprobación das contas do Partido Popular de 2019

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Aprobada a liquidación das contas do Partido Popular correspondentes a 2019

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Manuel Baltar, que hoxe cumpriu dez anos como líder dos populares ourensáns, repasou os éxitos logrados nesta etapa e afirmou que este ano “tamén imos demostrar nas autonómicas que seguimos a ser unha forza imbatible e que merecemos de novo a confianza dos ourensáns, porque ademais desta volta está en xogo a estabilidade de Galicia”

O Partido Popular de Ourense celebrou  a primeira das reunións dos seus órganos de goberno, coa convocatoria do Comité Executivo para aprobar a liquidación das contas correspondentes ao exercicio de 2019. Un documento económico que reflicte uns ingresos de 411.499,40 euros e uns gastos de 431.576,71 euros. Unha diferenza que ven dada pola necesidade de facer fronte a tres procesos electorais nun mesmo ano, como foron as eleccións xerais e abril e novembro e as municipais de maio.

O esforzo realizado para estas tres campañas “foi moi importante, pese ao resultado económico final, pero fomos quen de enfrontalo grazas á eficaz xestión realizada nos últimos anos, eficiencia que se engade como máxima prioridade á transparencia diante da militancia e da sociedade”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, que hoxe mesmo cumpriu 10 anos como líder dos populares ourensáns.

Neste tempo, dixo, “obtivemos os mellores resultados electorais que conseguíu nunca a nosa formación, como en 2011 nas municipais (49,50 % dos votos) e nas xerais (56,68 %); nas europeas de 2014 (44,70 %); ou nas autonómicas de 2016 (53,13 %)”. Na etapa recente e cun escenario político inédito, engadiu, “fomos a provincia con maior porcentaxe de apoio ao PP en abril de 2019, o partido que máis maiorías absolutas logrou nas municipais de maio e a primeira provincia en apoio electoral a calquera candidatura en novembro”.

Logo de agradecer o apoio e o compromiso de cargos do partido, institucionais e afiliados, Manuel Baltar subliñou que “tamén imos demostrar nas autonómicas deste ano que seguimos a ser unha forza imbatible e que merecemos de novo a confianza dos ourensáns, porque ademais desta volta está en xogo a estabilidade de Galicia, sen aventuras nin experimentos, e só o PP é quen de ofrecer unha alternativa fiable”