Teatro Infantil no Carballiño

O CONCELLO E AGADIC TRAEN ESTE DOMINGO, 2 DE FEBREIRO, AO AUDITORIO MUNICIPAL, O ESPECTÁCULO TEATRAL INFANTIL E FAMILIAR “BATHTIME”

Promovido pola área municipal de Cultura en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios (Agadic), este domingo, 2 de febreiro, terá lugar no auditorio municipal Manuel María o espectáculo teatral non verbal para a primeira infancia “BATHTIME”, da compañía Katarsis.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase dunha actividade lúdica e educativa para nenos e nenas de 0 a 6 anos e familias, que terá lugar ás 18,00 h., e cuxo prezo da entrada é de 3,50 euros, que poden adquirirse na taquilla desde media hora antes do comezo da función.