A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou hoxe a casa do maior de Punxín

A conselleira de Política Social Fabiola García acompañada polo alcalde de Punxín Manuel Vázquez fixerón unha visita a casa de maiores en Punxín

A Xunta abre a convocatoria para financiar unha trintena de novas casas do maior na Galicia rural con requisitos máis flexibles

AVANTAR ACTIVIDADES

A conselleira de Política Social, Fabiola García, informou de que mañá abre o prazo para solicitar as axudas para a posta en marcha de 33 novas casas do maior, co fin de rematar a lexislatura con 60 destes pequenos centros de atención diúrna 100% gratuíta ás persoas maiores en funcionamento. Co gallo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG), hoxe a conselleira visitou dúas casas do maior: a de Cenlle, en compañía da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e a de Punxín.

Esta nova convocatoria de axudas, que suma un montante global de 1,3 millóns de euros, inclúe tres novidades importantes. En primeiro lugar, nesta nova orde de achegas flexibilízanse os requisitos para poder acceder a esta axuda: poderán contar cunha casa do maior financiada integramente polo Goberno galego todos aqueles concellos que non conten cun centro de día, non só aqueles de menos de 5.000 habitantes, aínda que seguirán primando as localidades pequenas.

Así mesmo, amplíase o perfil das persoas usuarias: xa non será necesario contar cunha valoración de dependencia, senón que poderán asistir a estas casas persoas maiores que sexan autónomas. En terceiro lugar, a Xunta de Galicia financiará ás promotoras das casas do maior para que trasladen ás persoas maiores usuarias desde os seus domicilios, ida e volta.