A Denominación de Orixe Ribeiro contará cunha estratexia de dinamización propia

PEREGRINO ANTE LA OBRA PUENTE SOBRE RIO ULLA TREN AVE GRUPO PUENTES ESTRUCTURAS
  • O sábado presentará os resultados do Estudio socioeconómico e Estratéxico financiado pola Deputación Provincial de Ourense.
  • Este traballo, desenvolvido por expertos das tres universidades galegas, marcará o futuro do territorio nos vindeiros anos.
  • O evento celebrarase dende as dez da mañá na antiga sede da Cooperativa do Pemento de Arnoia e será aberto ao público.

A Denominación de Orixe Protexida Ribeiro contará cunha estratexia propia para a dinamización socioeconómica do seu territorio elaborada por unha equipa de dez expertos pertencentes ás tres universidades galegas. Este traballo foi financiado integramente pola Deputación Provincial de Ourense e contou cun orzamento de 41.500 euros.

O grupo de científicos redactor do estudio estivo liderado por Edelmiro López Iglesias, Doutor en Ciencias Económicas e profesor titular no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, e Andrés Mazaira Castro, Doutor en Administración e dirección de empresas e profesor no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con este traballo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro dótase dunha ferramenta que lle permitirá coñecer polo miúdo o que está a acontecer no tecido económico e social do seu territorio ao tempo que servirá como instrumento para a toma de decisións estratéxicas que lle permitan afrontar o futuro con garantías.

Unha vez presentado o traballo cederase unha copia á Consellería do Medio Rural para que o integre no traballo que está a desenvolver para as outras catro denominacións de orixe galegas e o complete cos temas paisaxísticos.

Onde o mundo se chama Ribeiro: Xornada de presentación dos resultados

Os resultados deste traballo expoñeranse publicamente o vindeiro sábado día 8 na antiga sede da Cooperativa do Pemento da Arnoia a partir das dez da mañá. A xornada, que leva por título “Onde o mundo se chama Ribeiro. Presentación do Diagnóstico socioeconómico e Estratéxico do C.R.D.O. Ribeiro”, será de entrada libre e de balde.

O programa divídese en dous bloques ben diferenciados que responden ás dúas áreas máis decisivas en calquera traballo sobre a posta en valor da cadea de produción do viño: “Terra e explotacións vitícolas” e “Industria e Mercado”.

A primeira delas abordará unha problemática común en calquera estudio da diagnose da crise actual do mundo rural tanto español coma galego: a derivada do despoboamento e o conseguinte abandono das terras por xubilacións ou baixa rendibilidade económica; factores que xeran unha inmobilización da terra produtiva ao non acompañarse por unha remuda xeracional axeitada e  un movemento óptimo do mercado da terra que permita redimensionar a base territorial das explotacións xa existentes. Edelmiro López expoñerá os principais datos detectados na diagnose feita para o territorio da D.O. Ribeiro e establecerá as grandes liñas xerais propostas para o futuro. Haberá unha mesa debate na que participarán Miguel A. Pérez Dubois, Director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural; José M. Andrade, director da Fundación Juana de Vega; Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias Galicia e Francisco Bello, presidente da Asociación Agraria de Galicia.

A segunda das mesas, moderada por Andrés Mazaira, tratará as problemáticas das adegas no marco dun mercado cada día máis cambiante ao tempo que expoñerá as grandes liñas ideadas para unha estratexia que potencie a marca Ribeiro en todos os mercados tanto nacionais coma internacionais. Na mesa de debate participarán Manuel Rodríguez, Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria; Maite Corsín, Directora da Consultora Moving Wines e Miguel A. Besada, xerente do local “La Curva” e premio Ribeiro 2019 á Mellor taberna-bar de viños.