Tito Asorey e Melania Cruz con DAR TRELA teatro

Tito Asorey e Melania Cruz serán os colabora-coordinadores do próximo proxecto de DAR TRELA teatro

Nos próximos dous meses vindeiros farán de guias no proceso de creación da dramaturxia e logo comenzarase ca montaxe.

AVANTAR ACTIVIDADES

TITO ASOREY

clic na imaxe

Comezou en teatro no ano 1993 da man de Ánxeles Cuña no grupo de Teatro Tarumba da Universidade Laboral de Ourense

No ano 2000 integrouse, xa coma profesional, no elenco estable da compañía Sarabela Teatro, coa que traballou de xeito ininterrompido ata o ano 2010

En 2011 pasou a formar parte do elenco da última produción de Ur Teatro, Macbeth, dirixida por Helena Pimenta

No ano 2014 incorpórase ao elenco fixo da serie de televisión Serramoura, de  Voz Audiovisual, emitida con pola TVG.

Paralelamente á súa experiencia como actor comeza desde o ano 2000 a súa carreira como director de escena en múltiples colectivos teatrais, como o Grupo de Teatro Tarumba, co que foi galardoado nos anos 2007, 2008 e 2010 co Premio Nacional de Teatro Novo Buero ao mellor espectáculo polas súas montaxes Remanente#1Mort e Don Juan, que foron representadas na sé do Centro Drámatico Nacional

MELANIA CRUZ

clic na imaxe

Comezou dende nova facendo teatro de xeito afeccionado na súa cidade, e posteriormente obtivo o título en ensinanza superior pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. No 2009 comezou a súa relación coa compañía Escénate con catro espectáculos. No 2010 protagonizou xunto con Josito Porto a obra Ai, Carmela! e no 2013 participou en Los que no pudieron huir de 611 Teatro e máis nunha adaptación de Inventarios de Philippe Minyana baixo a dirección de Cristina Domínguez.

En 2012 fundou xunto a catro compañeiros a compañía ilMaquinario Teatro estreando a súa primeira montaxe, O home almofada (dirixida por Tito Asorey) 

No 2014 participou no filme galego A esmorga, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpretou o papel da Raxada

No ano 2016 gañou o premio María Casares á mellor actriz protagonista pola súa interpretación do personaxe de Lucía en Xardín suspenso, de Abel Neves, dirixida por Cándido Pazó no Centro Dramático Galego

En 2017 traballou nas series Fontealba e Viradeira, así como no filme Trote, ópera prima de Xacio Baño.

Dende 2019 interpreta á comisaria Manuela Fortes na serie A estiba, da televisión de Galicia