O Psedg Psoe defende a integración urbana e chegada do AVE a Ourense

Publicidade ASPADISI

O grupo municipal socialista de Ourense defendeu esta mañá unha moción para a instar á Xunta de Galicia á paralización das obras da estación de autobuses e  convocar a comisión de seguimento para que se reaxuste o protocolo firmado no ano 2016 incluíndo a variante exterior e fixando as responsabilidades sobre o financiamento de cada administración e defendendo o mellor proxecto de estación para a cidade e que condicionará o futuro das próximos 100 anos. Sendo rexeitada polo grupo de goberno de PP e DO e cos votos a favor de tódolos grupos da oposición.

A vicevoceira, Natalia González, defendeu o “liderazgo do Partido socialista durante o goberno progresista” na integración urbana e chegada do AVE a Ourense. Goberno durante o cal se realizou un concurso de ideas con varios proxectos importantes que todos eles defendían a permeabilidade, unión e intermodalidade. Un proxecto que o “PP paralizou durante o ano 2012” co único obxectivo de darlle o “cambiazo por unha cuestión de méritos políticos por ser o PSOE o abandeirado”. González recordou que “estamos ante unha oportunidade histórica para mellora o proxecto e defender os intereses de tódolos veciños da cidade” e defendeu que debería ser un asunto cunha “loita unida por tódolos partidos”.

HIPER MASIDE

Así mesmo, a vicevoceira salientou os “intereses do PP en desviar a atención dos cidadáns con cuestións que non veñen a conto – como Cataluña” e achacou a incoherencia do discurso do concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, quen “forma parte dun partido sen peso político nin responsabilidades”  dado que él mesmo rexeitaba a estación intermodal que hoxe defende por salvar aos socios de goberno.

Rexeitamento do goberno e Ciudadanos para que o Concello se persoe no caso do 10%

Os socialistas defenderon que se instase ao Concello na persoación do caso do 10% dos aproveitamentos urbanísticos e no cal se recolle a perda de 1.5 millóns de € das arcas municipais. Un proceso que se atope en dilixencias previas e no cal existe unha providencia do Xulgado nº1 de Ourense que notifica ao Concello os seus dereitos como principal damnificado na causa. Este posicionamento foi rexeitado tanto polo grupo de goberno como por Ciudadanos.

O concelleiro socialista, Wilson Jones, defendeu a persoación do Concello na causa na que se da un “delito de malversación de caudais públicos” (na que se atopan inmersos o exalcalde, Manuel Cabezas e o exconcelleiro de urbanismo) dado que o Concello é o “principal perxudicado”.  

Rechazo á Ronda Bulevar polo goberno

Cos votos en contra do grupo de goberno municipal e a abstención do Bloque Nacionalista Galego a corporación municipal rexeita a proposta do PSOE para o desenvolvemento e reactivación do proxecto de unha gran infraestrutura viaria para favorecer e mellorar a mobilidade da cidade que é a “Ronda Bulevar”.

O voceiro, Rafa Villarino, destacou que “Ourense é a única grande cidade que carece dunha infraestrutura viaria destas características e a cal axilizaría o tránsito local pacificando a zona centro e os barrios”. Unha rede viaria necesaria como é a “Ronda Bulevar” para a cidade xa dende os plans de urbanismo do 1961 e que foi recuperada e posta en valor durante o goberno progresista de 2007 a 2015.

Villarino lembrou que se trataría “dun motor para o desenvolvemento urbano do futuro” e que ademais o proxecto forma parte do “modelo de cidade defendido polos socialistas” fronte aos máis de 4 anos de inoperancia do Partido Popular tanto no Concello como na Xunta de Galicia ao mando de Núñez Feijóo. Estos máis de 9.5 km de rede viaria que suporía o desenvolvemento da ronda incluída no “plan de rede viaria de Ourense e a súa área de influencia” cun horizonte temporal entre 2013 e 2020 e que no límite de ese tempo de execución o único que existe é “parálise”, asegura o voceiro.