Novas da Garda Civil

Furto no PAC de Carballiño

A Garda Civil de Ourense, tomou declaración en calidade de investigadas, o día 5 de febreiro ás 11:00 horas a, V. G. L, de 33 anos de idade, M:E. G. L, de 39 anos de idade, veciñas de Carballino e a M. M. M, de 44 anos de idade, veciña de Maside, como presuntas autoras dun delito de furto, tras apropiarse ao descoido no PAC de Carballino, dun teléfono móbil, propiedade dun veciño de Carballino. Xulgado de Instrución un de Carballiño.

A GARDA CIVIL DE OURENSE INSPECCIONA OS VEHÍCULOS DE TRANSPORTE ESCOLAR

AVANTAR ACTIVIDADES

• Campaña de control de transporte escolar do 3 ao 7 de febreiro.

• Detectado un vehículo con cinco infraccións.

Durante a semana en curso o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, está a cumprir co establecido pola Dirección Xeral de Transporte Terrestre que estableceu unha campaña de inspección de transporte escolar, co fin de comprobar que os vehículos que prestan este servizo, reúna as condicións técnicas adecuadas, así como que dispoñan das autorizacións administrativas correspondentes.-

En concordancia co anterior, é de destacar que no día de onte, detectaron un vehículo autorizado para o transporte de oito prazas que presentaba cinco infraccións, entre elas as de carecer da autorización específica, a de título habilitante, a do seguro e non levar determinados accesorios que tiña obrigación de portar no vehículo.

Tamén foron detectados varios autobuses que transportaban máis persoas que o de prazas que tiñan autorizadas.

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, faise un chamamento ás empresas e persoas autorizadas para realizar este tipo de servizos, co fin de que observen o estrito cumprimento das condicións que deben cumprir, tendo en conta que os escolares son un colectivo vulnerable, por cuxa seguridade debe velar todo o persoal relacionado coa comunidade escolar.-