A 57ª FEIRA DO VIÑO do Ribeiro xa ten Cartel

Miguel Ángel García Chaler (Ourense) gaña o concurso de entre as 186 obras presentadas

O xurado do Concurso de Carteis da 57ª Feira do Viño do Ribeiro reuniuse hoxe, 14 de febreiro, na sede do Consello Regulador do Ribeiro, en Ribadavia, para elixir o cartel que representará a Feira do Viño do Ribeiro 2020, que terá lugar na vila ribadaviense do 1 ao 3 de maio.

AVANTAR ACTIVIDADES

O cartel gañador está deseñado por Miguel Ángel García Chaler, de Ourense, e foi elixido entre 186 propostas presentadas nesta edición do concurso.  El é deseñador gráfico, maquetador e ilustrador. É creador e xerente dunha axencia de publicidade ourensana. En relación á súa creación comenta “para realizar este cartel intentei xuntar todas as virtudes da D.O. Ribeiro, natureza, beleza, tradición e cor. No cartel están fusionados os elementos máis característicos da Denominación de Orixe. Creei un deseño limpo e simple, intentando darlle un toque de elegancia e sencillez na formas e usando as cores naturais do viño e a natureza do Ribeiro”.

Para a elección do seu cartel anunciador, o Concurso de Carteis da 57ª Feira do Viño do Ribeiro contou cun xurado multidisciplinar integrado por profesionais no ámbito das artes, comunicación e deseño gráfico. Ao longo da xornada de deliberación das 186 obras participantes foron sometidas ao xuízo destes profesionais, resultando a obra gañadora premiada con 1.000€.

Participaron como membros do xurado:

  • Luis Vázquez, xerente do C.R.D.O. Ribeiro.
  • Yolanda Gómez, concelleira de Cultura do Concello de Ribadavia.
  • Francisco Sánchez, deseñador gráfico freelance.
  • Jaime Díaz, de Incubarte, creatividad multicanal.
  • María Fernández,coordinadora de marketing de Expourense.
  • Eduardo García, director de la Galicia Business School.