A Xunta súmase ao recordo a Rosalía programada no marco da VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza
A VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza homenaxeará a Rosalía de Castro do 23 de febreiro ao 1 de marzo cun amplo programa de actividades culturais que se desenvolverán en Santiago, Padrón, Ponteareas e Braga. A iniciativa, na que colaboran a Xunta de Galicia, desde o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, a formación bracarense Canto D’ Aqui, os concellos de Santiago, Padrón e Ponteareas e a Fundación Rosalía de Castro, enmárcase nas accións de desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación este mediodía no Pazo de San Roque.