A heráldica na vila de Ribadavia. Un paseo pola historia dos nosos devanceiros

Conferencias para o coñecemento de diversos aspectos patrimoniais de Ribadavia

Continúa o ciclo de conferencias COÑECER PARA CONSERVAR iniciado no ano 2019, e coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo e do Conxunto Histórico de Ribadavia ( AMECHIR), preparando varios roteiros polo patrimonio cultural da contorna para profundar no coñecemento patrimonial ribadaviense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta ocasión, o sábado día 22 de febreiro ás 12:00 h no Museo Etnolóxico, terá lugar a charla, “A heráldica na vila de Ribadavia. Un paseo pola historia dos nosos devanceiros”.

O relator será Carlos Acuña e Rubio (Presidente da Asociación Academia de Xenealoxía Heráldica e Nobiliaria de Galicia), quen revelará unha rica historia de familias e liñaxes que tiveron solar nesta vila, xa que son moitos os brasóns que se poden atopar nas casas e igrexas de Ribadavia.

Posteriormente farase unha visita, de aproximadamente unha hora, aos distintos exemplos dos escudos nobiliarios máis representativos da vila, para así mergullarse nos coñecementos da heráldica.