Proxecto para cambiar o Césped de Espiñedo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O CONCELLO ELABORA UN PROXECTO PARA CAMBIAR O CÉSPED NATURAL POR ARTIFICIAL EN ESPIÑEDO, DEBIDO AO DEFICIENTE ESTADO ACTUAL DO TERREO DE XOGO PESE AO ELEVADO INVESTIMENTO ANUAL

O concello do Carballiño, a través da área municipal de Deportes, elabora un proxecto para cambiar o césped natural do estadio de Espiñedo por césped artificial. O motivo desta iniciativa é mellorar o deficiente estado do terreo de xogo que, pese ao elevado custo do mantemento, que é de entre 30.000 e 40.000 euros anuais, e pese a que só se xogan dous partidos cada mes, resulta impracticable para o fútbol.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Malia a este importante investimento, e incluso  destinando máis diñeiro, non se garante que o césped estea nas mellores condicións durante toda a tempada, polo que, tras consultar aos especialistas na materia, considérase que a solución máis factible é cambiar o césped natural por outro artificial de última xeración, semellante ao que se instalou recentemente noutros estadios.

Esto permitirá, ademáis, poder usar o estadio prácticamente todos os días, entrenar e xogar os partidos dos equipos da escola municipal de fútbol, algo que non acontece na actualidade.

O financiamento deste proxecto, que terá un custo importante, efectuarase por un sistema de renteing ou leasing, a pagar nun período de seis anos, co que podería ser asumido cos orzamentos municipais.

Desde a área municipal de Deportes, que coordina Silvia Baranda, e tras consultar a especialistas nesta materia, crese que este proxecto é o único que pode garantir un uso continuado e satisfactorio do terreo de xogo de Espiñedo, e ao mesmo tempo, rentabilizar o investimento.

Outros proxectos semellantes estanse levando a cabo en campos de fútbol de vilas e cidades de Galicia, e desde esta área municipal considerase que é o momento oportuno para tomar esta iniciativa.