Os Centros de Día melloran a calidade de vida dos maiores

Política Social destaca o papel dos centros de día na mellora da calidade de vida dos maiores e das persoas con discapacidade

Sinala que este tipo de centros permite que as persoas usuarias manteñan un ritmo de vida activo e gañen en autonomía

AVANTAR ACTIVIDADES

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou esta mañá o papel dos centros de día na mellora da calidade de vida dos maiores e das persoas con discapacidade. Díxoo durante unha visita aos centros de día de Pazos de Borbén e Moaña onde puido comprobar o funcionamento das súas instalacións.

Ildefonso de la Campa mantivo un encontro cos usuarios e responsables dos centros para coñecer as súas necesidades e peticións. O director xeral trasladoulles que este tipo de servizos son fundamentais na mellora da súa calidade de vida dos seus usuarios ao permitirlles manter un ritmo de vida activo e gañar en autonomía.

Neste sentido, fixo fincapé en que estes centros ofrecen un lugar de atención profesional e adaptada ás necesidades de cada usuario.