O espectáculo está baseado na novela da historiadora e escritora galego-arxentina Susana Maceira
A Deputación de Ourense e os concellos de Ribadavia e Carballeda de Avia farán posible a montaxe teatral e a estrea da obra Al fin pasaron, un espectáculo baseado na novela da historiadora e escritora galego-arxentina Susana Maceira. Na reunión que o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo hoxe cos alcaldes de Ribadavia, César Fernández, e de Carballeda de Avia, Luis Milia; coa autora e co director teatral Alejandro Giles, o titular da Deputación de Ourense confirmou o apoio da institución provincial a esta montaxe teatral, da que son autoras Susana Maceira e Alejandra Tallarico e que está dirixida por Alejandro Giles. Segundo o plan de produción, a estrea e presentación da obra terá lugar en Ourense e Ribadavia no primeiro trimestre de 2021, para logo iniciar unha xira por diferentes teatros de Madrid, Barcelona e outras cidades de España onde a memoria histórica sexa un tema de relevante importancia, así como en Arxentina.
VIDEO sobre SUSANA MACEIRA