O Psedg Psoe solicita ó grupo de goberno da deputacion que apoie ás asociaciós da provincia

IES CHAMOSO LAMAS

O PSdeG-PSOE de Ourense solicítalle ó grupo de goberno da Deputación de Ourense, conformado polo Partido Popular e os seus socios de Democracia Ourensana, para que apoie a todas as asociacións de comercio da provincia, xa sexan empresariais, de autónomos ou de pequeno comercio. Os socialistas interpelaron o bipartito durante o debate da modificación de crédito do Inorde para colaborar economicamente coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), en que se fagan extensibles as axudas a todas as asociacións de comerciantes da provincia, sinalando que “en moitos casos hai asociacións nalgunhas vilas con máis de 100 asociados que en 6-7 anos non recibiron nin un só euro de subvención por parte do ente provincial”.
Os socialistas, en palabras do deputado de O Carballiño, Diego Fernández, sinalaron que “estamos a favor de que se colabore dende a Deputación prestando servizos fiscais, xurídicos, de prevención de riscos laborais, en materia de consumo e formación”, apuntando, iso si, que “o ente provincial debe estar en contacto permanente con quen lidera a Confederación de Empresarios de Ourense para non ter que intervir unha vez rematou o partido, é dicir, executados os gastos de funcionamento e xa planificados e organizados os cursos de formación”.
Dende o grupo provincial do PSdeG-PSOE de Ourense consideran que “todas as asociacións de comerciantes da provincia son o motor económico de Ourense e habilitan servizos que fan máis fácil a vida no rural”. Motivo polo que dende o grupo socialista solicitan o apoio económico e de subvencións por parte da Deputación de Ourense, seguindo “criterios obxectivos e un reparto xusto porque dende logo os comerciantes tamén están dentro do ámbito de acción do Inorde”.
Os socialistas criticaron unha vez máis a xestión que durante anos realizou o Partido Popular do Inorde e que agora conta co apoio de Democracia