Política social destaca o traballo a prol da inclusión de Atox e de Cáritas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe en Ourense os servizos de apoio ás persoas en situación ou risco de exclusión que teñen a Asociación de axuda ao toxicómano (ATOX) e Cáritas. Arturo Parrado destacou a importancia do traballo diario que realizan a pé de campo estas dúas entidades, sempre a carón daqueles que máis precisan de axuda.

O director xeral tamén tivo ocasión de falar co algúns dos participantes nos cursos de formación, obradoiros e programas de inclusión laboral e de apoio terapéutico que desenvolve Atox nas súas instalacións.

Posteriormente, Arturo Parrado visitou o comedor social de Cáritas. Alí reiterou a necesidade de que as Administración públicas e o tecido asociativo actúen de maneira coordinada para que os recursos e axudas sexan realmente eficaces e cheguen a aquelas persoas e fogares que máis o necesitan.