Cata de Imaxes con mulleres enólogas, adegueiras e colleiteiras do Ribeiro para conmemorar o 8M Día da Muller

O Concello de Ribadavia, dentro da programación de actos deseñado para conmemorar o 8M, Día da Muller organiza unha cata de Imaxes de mulleres do Ribeiro relacionadas coas labouras propias do da vitucultura en particular e do mundo do viño en xeral.
O acto terá lugar o sábado 7 de marzo, ás 18:30 na Igrexa da Madalena en Ribadavia, estará coordenado pola sumiller Mercedes González quen foi a encargada de deseñar a actividade así como da posterior cata dos viños de produtoras da D.O. Ribeiro:
- Duvi González – Adega Canción de Elisa
- Cristalina Alvarez de Bodega Pazo do Mar
- Dori Rodríguez de Adegas Celme
- Iria Otero de Vinos Con memoria
- Xulia Bande de Son de arrieiro de Bodegas Son de Arrieiro
- Angeles Montero de Adega Val do Deva.
- Maribel Gómez Soriano de Enoavia
- Aroa Rojo de Bodegas Manuel Rojo
O obxecto deste desta actividade non é outro que outorgarlle a visibilidade as mulleres que tiveron e teñen nesta denominación de orixe o firme compromiso coa produción de viños de calidade diferenciada.
A actividade é aberta ao público ata completar aforo sendo necesaria a reserva previa en serviciossociais@ribadavia.es
O Concello de Ribadavia, encadra esta proposta dentro do programa de actividades no marco da conmemoración do Día da Muller.
Dentro do programa de actividades do Día da Muller no mes de marzo haberá un acto homenaxe ás Irmáns Touza “Lola, Amparo e Xulia” co descubirmento duna placa na súa casa da Praza Maior de Ribadavia e a continuacióna unha visita teatralizada centrada na figura das irmans Touza que terá lugar o domingo 8 de marzo ás 11.30 horas.
Outras actividades a destacar dentro da progrmación é un Concurso Fotográfico co tema da Muller, Cine no Museo Etnolóxico con películas como “Sufragistas” e “Figuras Ocultas”, Exposicións, Mesa Redonda de Mulleres de distintas idades na que nos contarán as súas vivenzas tanto laborais como personais en gremisos primordialmente gobernandos por homes.
Tamén o sábado 14 ás 19:30 na casa da cultura teremos a Representación da obra de teato “La señorita Julia” cun coloquio cos actores a remate da obra no que se debatiran temas relativos as mulleres.