Nota de PODEMOS: Repulsa pola actuación de Manuel Sotelo

O CÍRCULO DE PODEMOS NO CARBALLIÑO MOSTRA A SÚA REPULSA POLA ACTUACIÓN MACHISTA E MALEDUCADA DO CONCELLEIRO MANUEL SOTELO, RESPONSABLE DA ÁREA DE PERSOAL, CARA A VOCEIRA DO BNG, FEITO ACAECIDO NO PLENO CELEBRADO ESTE PASADO LÚNS

Dende o Círculo de Podemos no Carballiño dimos un tempo prudencial para que tanto o
concelleiro responsable dos comentarios e actitudes lamentables acaecidos durante o pleno
celebrado este lúns, como o alcalde, en nome do grupo de goberno, pedisen disculpas do
acaecido e tomasen as medidas que estimasen oportunas con respecto a estes feitos.
Pasadas 48 horas, puidemos comprobar como o concelleiro responsable emitía un
comunicado pedindo disculpas, pero que realmente era só un acto de cara á galería para salir
do trámite.
Temos constancia que previamente a esta rolda de prensa houbo unha comisión e que na
mesma participaba a voceira do BNG, xunto co concelleiro responsable, o alcalde e
outras persoas do grupo de goberno e que ningunha de estas persoas se dirixiu a
compañeira do BNG, nin para falar coa mesma e moito menos para pedirlle disculpas de
xeito privado.
Co anteriormente descrito e analizando as explicacións dadas polo propio responsable dos
feitos, Manuel Sotelo, primeiramente nas que cita a compañeira do Bng e descoñece
totalmente o seu apelido, nas que usa expresións coma “tiña que habela deixado falar” ou
soltando risiñas á hora de usar o termo “señorita”, fan que esta desculpa carezca de
calquera efecto disculpatorio con respecto aos comentarios e aptitudes machistas e patriarcais
que se deron en dito pleno, máis concretamente contra a voceira do BNG, Sofía García.
Tendo en conta tamén que o citado concelleiro é o responsable do VIOGEN por ser
competencia da súa área o departamento da Policia Local, dende Podemos Carballiño
dubidamos de que esta persoa agora mesmo sexa a máis acaida para levar esta área
específicamente.
E por todo isto, que moi ao noso pesar este ano ningún militante do noso Círculo participará
nos actos que o grupo de goberno municipal do POSE organiza para conmemorar o 8M no
Concello de O Carballiño.
Entendemos que con estas actitudes, o PSOE non representa o espazo feminista amplo e
diverso, que defende a loita pola igualdade e por defender e aplicar políticas feministas que si
representan e defenden os distintos colectivos feministas tanto locais, autonómicos e estatais.
Lamentamos estes feitos e a decisión que nos fan tomar, pero non podemos ser partícipes
nunca de calar, tapar e deixar pasar por alto situacións, feitos ou comentarios machistas,
patriarcais ou sexistas sin que se tomen as medidas oportunas para erradicar os mesmos.
E non podemos compartir actos do 8M contra quen actúa de este xeito.
Dende o Círculo de Podemos no Carballiño mostramos todo o noso aprecio e apoio á
voceira do BNG, Sofía García, e evidentemente, a calquera muller vítima de situacións
machistas, sexistas e/ou patriarcais.
Tamén queremos deixar constancia que a nosa militancia si participará nos actos do 8M,
pero de esta vez e moi ao noso pesar, en outros concellos limítrofes e animamos á toda a
cidadanía que se sume a ditos actos.
Xa para rematar, esperamos que de algún xeito o señor alcade tome cartas en este asunto e
actos de este calado non se volvan a repetir na casa do pobo.

AVANTAR ACTIVIDADES