Ruta das TAPAS de marzo

OS SABORES DOS PAÍSES DO MUNDO PROTAGONIZAN A RUTA DAS TAPAS DESTE VENRES, NA QUE TAMÉN SE SORTEARÁN DOUS PACKS TERMAIS E UNHA VISITA A UNHA ADEGA

4 de marzo de 2020.- Rusia, Francia, Italia, Venezuela, Marruecos, Colombia, Rumanía, Estados Unidos, Portugal, Corea e España son algúns dos países cuxas gastronomías protagonizarán a ruta das tapas deste venres, 6, e o seguinte, 13 de marzo, e que foi presentada a mediodía polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares; a representante de Pazo Tizón, Ani Calzadilla, e representantes dos mesóns, bares e restaurantes integrados nesta iniciativa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, a clientela que consuma algunha destas tapas pode optar ao sorteo de dous packs termais e unha visita a unha adega, por deferencia da Ruta do Viño do Ribeiro, ao que está adherido o concello do Carballiño.

Así mesmo, nesta presentación realizouse o sorteo dunha estancia de fin de semana para dúas persoas no hotel spa Augas Santas de Ferreira de Pantón, que recaeu en Elier Fernández.

Na aplicación “quedamosdetapas.com” pódense ver as tapas que presenta nestas xornadas cada un dos dezaseis locais integrados na ruta das tapas, e que se poden degustar a partir das 20,30 h do 6 e o 13 de marzo.

Manuel Dacal resaltou o espectáculo gastronómico que supón a oferta de tapas desta ruta dedicada aos países do mundo, e que amosa a superación permanente e o alto nivel culinario da hostalería carballiñesa. Agradeceu a implicación do CCA, da hostalería local, da adega Pazo Tizón, da Ruta do Viño do Ribeiro e de Juan Cabanelas, xerente do hotel spa Augas Santas de Ferreira de Pantón. E animou á veciñanza e visitantes a participar nestas xornadas de degustación, que acadan un éxito extraordinario e dinamizan o sector hostaleiro carballiñés.

Noelia Mares amosou o seu orgullo por colaborar con esta iniciativa que permite disfrutar dos sabores do mundo tras a celebración da anterior ruta dedicada á gastronomía propia do entroido. Recordou que na App quedamosdetapas pódese ampliar a información referida a esta ruta e animou a percorrer os locais participantes, que realizan un gran esforzo para ofrecer o mellor da súa creatividade gastronómica, según dixo.

Finalmente, Ani Calzadilla expresou a súa satisfacción por colaborar cun evento tan importante para promocionar a gastronomía e o turismo no Carballiño, e animou á veciñanza saír á rúa este venres e degustar unas tapas tan ben elaboradas e presentadas.