Actividades da Mancomunidade no dia da muller

IES CHAMOSO LAMAS

Dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño infórmase de que a semana do 9 de marzo levarase a cabo unha serie de actividades destinadas a conmemorar o 8M “Día Internacional da Muller”.

A igualdade de xénero debe ser traballada dende idades moi temperás e debe ser un tema transversal ó longo de toda a infancia. A maneira en que ofrezamos os xoguetes ós menores, os contos ós que teñan acceso, a maneira de dirixirnos ós nenos e nenas… todo é determinante no desenvolvemento persoal en igualdade de xénero.

HIPER MASIDE

Co obxectivo de contribuír a esta tarefa tan ardua que é a coeducación, dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño levarase a cabo unha actividade baixo o lema “Quen quere ser feminista?”, na cal a actriz Uxía González Morán (Licenciada pola RESAD –Real Escuela Superior de Arte Dramático), realizará varios contacontos infantís do eido da igualdade, algo que se complementará cun concurso de preguntas da temática, facendo unha xornada dinámica, orixinal e divertida para os cativos.

O obradoiro terá lugar nos cinco concellos que forman a Mancomunidade de Carballiño, en Beariz, Boborás, Irixo e San Amaro  levarase a cabo nos centros educativos de cada municipio e durante o horario escolar, mentres que Concello de Piñor desenvolverase no Centro Social (Albarona) ás 16h, co cal neste último a entrada será libre.

Para máis información poden poñerse en contacto coas educadoras familiares da Mancomunidade, no email pef.mancomunidadecarballino@gmail.com ou no teléfono 988274010.