Ribeiro en Común denuncia que o goberno do PP estase vingando co pobo de Francelos.

NOTA DE PRENSA de RIBEIRO EN COMÚN

A falta de respecto do PP co pobo de Francelos é alarmante, e para o noso grupo xa é insostible e non llo imos permitir. Primeiro decidiron unilateralmente renunciar á mellora do entorno de San Xés, e sen informar nin consensuar cos grupos outra obra ou mellora nesta parroquia, cando son varias e urxentes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Agora, Ribeiro en Común temos que denunciar unha nova chapuza do Goberno local nas aceras de Francelos. Non só pasaron 9 meses desde que o goberno ten inacabadas estas beirarrúas, permanecendo durante todo este tempo sen paso seguro os veciños e viandantes, senón que ademais agora incumpren a promesa de soterrar o cableado, tal e como afirmaron reiteradas veces no Pleno.

No pasado Pleno aprobouse unha modificación orzamentaria para acometer melloras nas luminarias, e agora o goberno decide retirar a Francelos da actuación de mellora.

A Ribeiro en Común non lle parece admisible este trato do goberno cunha das principais parroquias do municipio, e estamos xa fartas, esiximos por última vez que as beirarrúas sexan rematadas dunha vez neste mes de marzo que ven de comezar, sen máis tardanzas e atrasos.

O desprezo ao pobo de Francelos e a falta de xestión esta marcando os 9 meses deste goberno. A pesar de estar reclamado, desprezan as nosas peticións:

– Arranxo do entorno da igrexa prerrománica de San Xés.

– Arranxo de fochancas e buracos nos camiños, como no entorno da praza do Curceiriño.

– Arranxo de parte da levada veciñal de regadío.

– Arranxo de varias luminarias, xa que foi retirada a súa mellora por parte do goberno.

– Arranxo dos paneis informativos do concello totalmente rotos.

– Adopción de medidas de seguridade na estrada que atravesa o pobo de Francelos, que soporta unha grande carga de transito e de velocidade de vehículos. Levamos meses reclamando medidas como badéns, sinais, valados “quitamedos” e espellos nos cruces, e este goberno permanece impasible ignorando estas peticións a pesar de que é o Concello quen debe actuar.

– Por último, a mellora do local social da Fontiña Mariña é unha reclamación histórica que unha vez máis o Concello de Ribadavia continúa a ignorar, a pesar de ser o principal centro veciñal de reunión e de actividades.

A única actuación realizada foi no colexio CRA de Francelos e unicamente foi porque estaba xa disposta da anterior lexislatura, quizais se deles dependera tampouco se realizaría.

En 9 meses de goberno, non só non se acometeu algunha mellora por parte do goberno senón que o seu trato foi de total abandono. O Concello de Ribadavia desapareceu do pobo de Francelos, e Ribeiro en Común non o vai consentir. Esiximos en primeiro lugar que se rematen as beirarrúas de Francelos con urxencia e a continuación se comece con algunha das melloras reclamadas polo noso grupo, sen máis escusas nin atrasos.