Política social participa nos actos de celebración do dia da muller en Ribadavia

POLÍTICA SOCIAL PARTICIPA NOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA NO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE RIBADAVIA

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe nos actos de celebración do Día da Muller que tiveron lugar no centro sociocomunitario de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Arturo Parrado sinalou que é preciso que as administracións poñan en marcha plans de choque que logren diminuír o número de mulleres en situación de vulnerabilidade. Unha cifra que, concretou, continúa sendo superior á de homes.