Reunión de Francisco Fraga ca plataforma en defensa do transporte público

Francisco Fraga, candidato na provincia de Ourense da Coalición Espazo Común, Recortes Cero-Os Verdes ó Parlamento de Galicia, mantivo unha reunión coa Plataforma pola Defensa do Transporte Público do Carballiño.
Fraga Civeira valora a xuntanza coma moi positiva e fructífera á vez que salienta o compromiso e implicación da xuventude co futuro da comarca. O candidato ós comicios autonómicos declarou: “As reivindicacións da plataforma aparte de lexítimas son un exemplo máis do abandono ó que someten ó interior galego nunha provincia como a nosa, Ourense, paradigma da Galicia baleirada é condenada á perda de servizos e á falta de oportunidades”
Ourense, 5 de marzo do 2020.
Na xuntanza tratáronse os problemas que lle afectan ó transporte da comarca carballiñesa; entre os que nomeadamente cabe sinalar: as deficitarias e obsoletas conexións ferroviarias con Ourense e Compostela; o peche da venda de billetes directa ó público na estación do Carballiño; a necesidade dunha estación intermodal que unifique as conexións dos distintos transportes públicos e á vezlibere para outros usos públicos o edificio da estación de autobuses; a urxente mellora das conexións do rural da comarca coas cabeceiras municipais e coa capitalidade comarcal; a modificación dos horarios das liñas de autobús e tren, que na actualidade se chegan a solapar e que son pouco operativos para as necesidades de mobilidade os habitantes da vila sobre todo para os traballadores e para o estudantadado que se despraza a Ourense e a Santiago.
O candidato ós comicios autonómicos declarou: “As reivindicacións da plataforma aparte de lexítimas son un exemplo máis do abandono ó que someten ó interior galego nunha provincia como a nosa, Ourense, paradigma da Galicia baleirada é condenada á perda de servizos e á falta de oportunidades”. Ó tempo manifestoulles a adhesión ás súas reivindicacións que considera xustas e acaídas comprometéndose a defendelas e trasladalas ós foros onde se toman as decisións politicas. Para encamiñar toda esta problemática é imprescindible que a Galicia interior e baleirada teña voz propia.