Xornada Formativa: “Ribadavia Medieval”

Maña sábado día 7 terá lugar no Museo Etnolóxico de Ribadavia unha Xornada Formativa sobre a Ribadavia Medieval. Un dos Docentes é David Chao Castro veciño do Carballiño

PROGRAMA:

AVANTAR ACTIVIDADES

Xornada teórica: de 10:00 -12:30 h.

1)A Ribadavia medieval: a historia política, económica, social e cultural da vila como introdución interpretativa ao seu conxunto urbanístico e os seus referentes patrimoniais. A muralla como elemento delimitador clave.
2) Os restos prerrománicos da igrexa de San Xes de Francelos: orixes monásticos e edificacións baixo orzamentos formais de época asturiana (s. IX).
3) As igrexas románicas de San Juan ( ca. 1200) e Santiago (s. XIII): influencias formais das fábricas monásticas de Oseira e Melón. A orde sanjuanista na Ribadavia medieval. As profundas reconstrucións da igrexa de Santiago no século XIV.

4) A igrexa conventual de Santo Domingo: a orde de predicadores en Ribadavia. Influencias da “arte ourensá” e evolución da fábrica. O conxunto sepulcral gótico.
5) O castelo de Ribadavia: a edificación da fortaleza sobre o primitivo recinto sacro de San Xes/Santa maría Magdalena. Recursos e solucións edilicias militares. Intervencións de conservación, restauración e posta en valor do conxunto.

Visitas guiadas:

– Iglesia románica de San Juan

– Iglesia tardorrománica de Santiago

– Iglesia conventual de Santo Domingo

– O Castelo de Ribadavia.

– Iglesia de San Xes de Francelos.

DOCENTES

David Chao Castro. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1997). En 2000 obtivo o grao de licenciatura coa Tese de Licenciatura “A vila de Ribadavia: o medio e a súa arte na Idade Media”. En 2005 doutorouse en Historia da arte coa Tese “Iconografía rexia na Castela dos Trastámara”, de novo baixo a dirección do catedrático de Historia da arte Manuel Núñez Rodríguez. Profesor do departamento de arte da Universidade de Santiago. Participou en numerosos congresos e xornadas, ademais de autor de diferentes comunicacións e artigos publicados en revistas e libros.

Javier Castiñeiras López. Doutor en Historia da arte desde febreiro de 2018 coa tese titulada “Espazos e imaxes no reino de Galicia (1075-1112). Persistencias e reforma”. Traballou para a Fundación Santa María a Real de Aguilar de Campoo no proxecto de catalogación do patrimonio románico na provincia da Coruña. Ten participado en distintas reunións científicas (universidades de Lisboa, León, Leeds, Durham, Bordeaux, etc.) e os seus traballos foron publicados en diversos artigos e capítulos de libros. Na actualidade é profesor na Universidade de León.

A vila de Ribadavia conserva un rico patrimonio medieval que evidencia o protagonismo socioeconómico, político e cultural que alcanzou sobre todo nos séculos da Baixa Idade Media, e con continuidade no século XVI. Tras unha primeira etapa pouco coñecida de formación altomedieval, co referente da desaparecida igrexa de San Xes como fito parroquial (incluída aquí a veiga de Francelos), sería xa coa implantación da granxa da Oliveira do mosteiro de Oseira e dunha encomenda/ bailía de San Juan de Xerusalén o punto de partida dun verdadeiro despunte urbano nas décadas finais do século XII. Precisamente xa de inicios do século XIII conservamos o clarificador “Tombo das viñas de Ribadavia”, documento que permite observar a importancia estratéxica desde o punto de vista económico. E é que á fin e ao cabo Ribadavia converteuse na capital vitivinícola da florecente comarca do Ribeiro. E todo iso sen esquecer, por suposto, a presenza xudía, que deixando á marxe tópicos e falsos mitos con todo si é rastreable na documentación conservada.