Casa Galicia Semana do 9 ao 13 de marzo

PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA PARA A SEMANA DO LUNS 9 AO VENRES 13 DE MARZO DE 2020

Xoves, 12

AVANTAR ACTIVIDADES

19:30 horas A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro “Escolma imposible (e incorrecta)”, do prestixioso  neumólogo e poeta Armando González e dos disco “María  do  Ceo canta a Armando González”. Trátase dun coidado volume que ten dúas portadas: unha, “Escolma imposible (e incorrecta)”, con escritos, poemas e textos de Armando González, moitos deles en galego, pero tamén en castelán e portugués; e a outra, “María  do  Ceo canta a Armando González”, que inclúe dous CDs coas 48 letras de Armando,  musicadas e interpretadas por María  do  Ceo nos discos que adxunta.

No acto tamén se proxectará o  videoclip “Himno á Ribeira Sacra” composto para promocionar a candidatura a Patrimonio da Humanidade 2021 deste singular enclave. Ademais, María  do  Ceo interpretará algunhas cancións dos  CDs acompañada polos seus músicos José Salgado e Álex Salgado.

Venres, 13

11:30 horas. Presentación do libro “EL MÉTODO AVIÓN”, do empresario mexicano de raíces galegas Alberto  Dacasa, quen ofrece nel as claves que seguiron os emigrantes da afamada localidade ourensá de Avión para volver á súa terra convertidos en grandes empresarios.

Os primeiros emigrantes de Avión que foron a México en busca dunha vida mellor seguiron as mesmas pautas para que as cousas saísen ben e as seguintes xeracións repetiron un método que lles reportou éxito e riquezas e que  Dacasa pon ao dispor de todos con esta obra. Alberto  Dacasa, ademais de empresario de éxito, é fillo dun dos emprendedores que fixo fortuna en México, Ángel Dacasa, mentor e mestre inspirador do libro.

A primeira edición será totalmente solidaria, a favor de Mensaxeiros da Paz.

Na presentación intervirán, ademais do autor, o alcalde de Avión, Antonio Montero; a actriz María Castro; o fundador de Mensaxeiros da Paz, Padre Ángel; e a actriz e emprendedora,  Nerea  Garmendia.