O CSIF manifesta os incumprimentos do asinado no acordo da productividade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pasado 18 de febreiro de 2020, celebrouse reunión da comisión de seguimento
do acordo da productividade, na mesma CSIF puxo de manifesto os
incumprimentos reiterados do asinado no acordo da productividade.
CSIF, xa con anterioridade, solicitara o 20 de decembro mediante escrito
presentado no rexistro, todas as xustificacións das productividades e case dous
meses despois se convocou a dita comisión sen achegar a información na súa
totalidade nin as xustificacións.
No reparto da productividade correspóndente á incentivación do especial
rendemento, onde se abonaron 6250€ entre algúns traballadores, e non se
achegou xustificación algunha das mesmas como é preceptivo e se estable no
acordo da productividade asinado entre o Concello de Carballiño e as OO.SS, o
cal nos parece un feito de moita gravedade.
CSIF, na reunión da comisión solicitou que se nos dera traslado das
xustificacións de todas as productividades, dándolle un prazo de 15 días ao
Concello para que nos achegara a información. Por parte do Concello do
Carballiño se nos diu traslado únicamente do Decreto asinado polo Alcalde de
data 27 febreiro, pero non se nos da traslado das xustificacións, tal e como
marca o acordo da productividade.
Tamén se están a incumprir, de maneira reiterada, as datas de pagamento da
productividade recollidas no acordo, como xa ocurrira no pasado mes de xullo e
voltou a ocurrir desta vez.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO